tag:blogger.com,1999:blog-24852807.post197816684173717078..comments2023-10-24T10:24:00.535+01:00Comments on ABELLONENIA: ¿POR QUE NON QUEREN O GALEGO EN GALICIA?XESÚS MANUEL MARCOShttp://www.blogger.com/profile/17741036665382145854noreply@blogger.comBlogger1125tag:blogger.com,1999:blog-24852807.post-4159804098303048872009-05-15T14:08:00.000+01:002009-05-15T14:08:00.000+01:00En Galicia posibelmente serán menos os que se perg...En Galicia posibelmente serán menos os que se pergunten isto pois todos coñecemos a resposta ainda que non queiramos falar moito dela. En Galicia hai galegofobia, hai un odio, un repudio, un noxo inculcado e marcado a lume no escarnio supremacista dos que se cren culturalmente superiores ainda que só falen unha lingua. Iso é o que acontece en Galica, que a xenofobia cultural subxacente en moitos dos propios e tamén en moitos dos alleos estase a fecer cada vez máis evidente e menos disimulada. Coa mesma moitos tenden a falar disto como se fora un fenomeno inexistente ou simplesmente propio de persoas faltas de información, cando se trata dun prexuizo moi espallado en toda anosa sociedade. Este prexuizo ven sendo máis agresivo conforme procede as máis das veces dun problema de autoestima (individual e colectiva)que padeceron moitas persoas xa desde ben novas. <br /><br />Mais de pouco vale combatela se non se identifica a sua causa e a causa e orixe deste problema está no supremacismo cultural español. Que tape as orellas quen non queira ouvir.Garranonoreply@blogger.com