Último frikivídeo que me envían os de SOS COUREL: Teño unha preguntiña para vostedes.
20 de fevereiro de 2009
15 de fevereiro de 2009
MARVEL: FUTURO DO CÓMIC, CÓMIC DO FUTURO
Un exemplo dos novos camiños para o cómic. ¿U-los novos camiños para a novela? ¿Irán tamén nesta dirección? ¿Non é o momento de arriscarse, de arriscarse de verdade?
13 de fevereiro de 2009
COUREL EN FOTOS
Fermosas fotos da miña terra. Espero que non enchan todo de muíños de vento e canteiras, tal e como pretenden, coa connivencia da Administración, suprimindo servizos públicos ata que a xente acabe por abandonar a Serra.
12 de fevereiro de 2009
JULIO CORTÁZAR
Tal día coma hoxe, hai 25 anos, morría un dos grandes da literatura, un mestre do relato e autor da magnífica Rayuela, Julio Cortázar. Des que merquei no Círculo de Lectores, hai unha chea de anos, un volume con todos os seus relatos, debe de ser un dos libros que teño na mesa de noite máis lido, con máis suliñados e marcas (Os seus Ajolotes, Continuidade dos Parques, calquera escolle...). Xenial na busca de títulos: A noite boca arriba. É, desde logo, un dos principais culpables de que este veleno da escrita flúa pola miñas veas. A influencia de Cortázar é innegable, e o seu alento percíbese craramente nos moitos escritores interesados en mergullarse nas contradiccións, contrastes e paradoxos do que damos en chamar realidade.
E transcribo un párrafo da noticia do País, falando de Rayuela: "Si por el momento, como todos los originales, Rayuela parece estar un poco fuera de la corriente principal de nuestra literatura, podría muy bien anunciar el porvenir". Iso é o bo dos grandes mestres, que non son cousa do pasado, senón que están a anunciar o porvir.
9 de fevereiro de 2009
ELUANA ENGLARO
Á fin, malia que politicuchos e inquisidores intentaron impedilo actuando de forma miserenta, podes descansar en paz.
Subscrever:
Mensagens (Atom)