1 de setembro de 2007

O SILENCIO BRANCO

Moi pouco se dixeron: os homes do norte aprenden axiña da futilidade das palabras e do valor inestimable dos feitos.
* * * *
Si, a xuventude era Némesis, a deusa da vinganza. Destruía aos vellos sen decatarse que ao facelo destruíase a si mesma. Porque a xuventude era sempre moza; só envellecía a vellez.
* * * *
Mentras que sentado no seu recuncho miraba a través do ring ao seu contrincante, ocorreuselle que a suma da súa experiencia e a da xuventude de Saudel darían como resultado un campión de pesos pesados. Aí estaba o problema. Saudel xamais sería un campión mundial. Faltáballe experiencia, e a única forma de adquirila era pagándoa coa súa xuventude, pero cando tivese esa experiencia, xa sería vello.
* *
JACK LONDON. O SILENCIO BRANCO E OUTROS RELATOS.
Unha das miñas lecturas deste verán. Un gran libro.

21 de junho de 2007

DESPROPÓSITO

Un novo DESASTRE na miña terra, un novo despropósito por culpa da esquizofrenia existente e por non ter a valentía de decidirse pola conservación ÍNTEGRA do Courel.

13 de junho de 2007

AMOR E DOR

"Ahora ya no necesito pensar en ellos porque ya sé la respuesta y sé que no puedo cambiar la respuesta y creo que no puedo cambiarme porque la segunda vez que te vi supe que era verdad lo que había leído en libros y lo que nunca creí; que amor y dolor son una sola cosa y que el valor del amor es la suma de lo que se paga por él y cada vez que se consigue barato uno se está engañando".
LAS PALMERAS SALVAJES
WILLIAM FAULKNER

30 de maio de 2007

A LÚA DOS EVERGLADES: PREMIO TERRA DE MELIDE 2007

E seguías a andar pola beirarrúa. Eras unha flor de area a buscar a brisa do mar que che traía tras de cada porta o silencio e o abandono naquela cidade favorita do sol. Fuxir, pensaches, fuxir, deixalo todo como unha oficina erma.

14 de maio de 2007

MANUEL MURGUIA 2007

O 28 de abril estiven en Arteixo, na reunión do xurado do Manuel Murguía, do que formo parte este ano, xunto con Xabier Docampo e Isidro Novo, coordinados por Julio Mancebo. Por certo, que Julio contou unha anécdota ben graciosa, da que Xabier xa deu conta.
O vindeiro sábado, día 19 de Maio, volverei, se non hai novidade, a Arteixo, para o acto de entrega do premio, e para ver como vai de medrada a árbore que, o ano pasado, axudei a prantar.
Devezo por ir a Arteixo, onde sempre me trataron de xeito excelente, para coñecer a quen escribiu o magnífico relato gañador.

5 de maio de 2007

ALMAS GRISES

"Los atardeceres de junio casi hacen concebir esperanzas en el mundo y la humanidad. Son tantos los perfumes que llegan de las muchachas y de los árboles, y el aire tan grato, que dan ganas de empezar de nuevo, de frotarse los párpados, de creer que el mal no es más que un sueño, y el dolor, un espejismo del alma".
Había tempo que ma recomendaran, e aproveitei esta longa ponte madrileña para ler ALMAS GRISES, de Philippe Claudel. A novela entusiasmoume. Unha novela onde nada é branco nin negro, todo é gris, e onde ninguén se salva, nin sequera o narrador da historia. Cunha técnica contida, ás veces sinxela, que bebe directamente da oralidade, onde se emprega sabiamente a elipse. E, de fondo, a nube negra da guerra, da primeira guerra mundial. O que demostra unha vez máis que todos os temas seguen a ser posibles, da guerra á paz, da aldea á cidade, baixo a man dun verdadeiro artista.