16 de fevereiro de 2010

O ESCONXURADOR

Veño de publicar unha nova novela na Editorial Galaxia, que leva por título O ESCONXURADOR. Espero que lles guste.
Velaquí unha novela que arrecende a medo, intriga e pasado, tres dos mellores ingredientes para manter o lector preso a unha cadeira, co libro aberto diante dos seus ollos. Unha historia que tende pontes entre tempos e que deseguro te atrapará ata o final.

1 de fevereiro de 2010

NOVELA ARRISCADA E PODEROSA

Unha novela que continua no mundo fantástico e ben trazado do autor: Xesús Manuel Marcos é a A Táboa da Hospitalidade, segunda entrega d' O Brindo de Ouro, relato co que autor gañara un premio Merlín. O autor amosa o seu diferenciado mundo marabilloso, na liña de Tolkien, ambicioso e pleno de movemento narrativo. Hai moitos anos que non encontro unha entrega en literatura xuvenil tan arriscada e poderosa. Un libro como este, traducido a calquera lingua, sería sen dúbida éxito libresco: aventura, intriga, acción sen cese... e unha prosa que acompaña substantivamente a narración. Hai demasiados nomes, certo. ¿Pero en que gran novela non os hai? Este libro é dos que teñen que ler os mozos para alimentar a súa imaxinación, desnutrida entre tantas historias de amores rotos e frustracións adolescentes. Xosé Carlos Caneiro. Fragmento do artigo publicado por Xosé Carlos Caneiro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, sábado, 30 de xaneiro de 2010.

29 de janeiro de 2010

AXENCIA LITERARIA GALEGA

A partir de agora, Natalia Dudek, da Axencia Literaria Galega, levará todos os meus asuntos relacionados coa escrita. Estou agradecido por permitírenme entrar a formar parte do grupo de escritores galegos que representan, e espero que isto sirva para promocionar tanto as miñas obras publicadas como as futuras.

24 de janeiro de 2010

LA SINAPSIS DEL CÓDICE

O documental de ficción La Sinapsis del Códice, do meu amigo Pablo Iglesias Rendo, estrearase o día 28 de xaneiro no Hostal dos Reis Católicos. Noraboa para Pablo. Mágoa non poder estar en Compostela para ir velo.

23 de janeiro de 2010

MODESTO TRIGO

Veño de visitar a exposición "Otra Mirada", do pintor, natural de Gundivós, Sober, Modesto Trigo, na Casa de Galicia en Madrid. Non o coñecía, e a exposición encantoume. Recoméndoa.

17 de dezembro de 2009

AGOTA KRISTOF: AYER

“Nací en una aldea sin nombre, en un país sin importancia”.
“De todas mis mentiras, esta es la más divertida: cuando te dije cuántas ganas tenía de volver a ver mi país”.
“Uno no puede escribir su propia muerte”.
“Porque es convirtiéndose en un don nadie como se puede ser escritor”.
“No tendré una gran cultura, pero he leído mucho y escrito mucho. Para ser escritor, sólo hace falta escribir. Por supuesto, suele ocurrir que no se tenga nada que decir. Y a veces, incluso cuando se tiene algo que decir, uno no sabe cómo decirlo.”
“El tiempo se desgarra. ¿Dónde reencontrar los territorios borrosos de la infancia? ¿Los soles elípticos coagulados en el espacio negro? ¿Dónde reencontrar el camino volcado en el vacío? Las estaciones han perdido su significado. ¿Mañana, ayer, qué quieren decir esas palabras? No existe sino el presente. Unas veces, nieva. Otras, llueve. Luego hay sol, viento. Todo eso es ahora. Eso no ha sido, no será. Eso es. Siempre. De una vez. Porque las cosas viven en mí y no en el tiempo. Y, en mí, todo es presente.”
Agota Kristof. Ayer.

12 de dezembro de 2009

PRESENTACION DE A TABOA DA HOSPITALIDADE E ENTREVISTA

Diante do sequeiro, foto de Aitor, do Progreso, onde tamén aparece publicada o día 11 de decembro, en Comarcas-Ribeira Sacra, unha entrevista feita por Ana Rodil:
En faena, entre chuvia e fume:
Con Xoán G., autor de O Apalpador:
Pisadores en Froxán:

9 de dezembro de 2009

A TÁBOA DA HOSPITALIDADE EN BRÉTEMAS

Manolo Bragado fai unha anotación sobor de A TÁBOA DA HOSPITALIDADE no seu blog. Desde aquí, mil grazas e unha forte aperta.