Para todos, mañá, Feliz Día.
Blog do escritor Xesús Manuel Marcos
Organízanse viaxes a Feiras Internacionais.
Créanse páxinas web.
A idea é dar a coñecer a Literatura Galega por todo o mundo.
Logo, con alevosía, aproveitando a chegada do verán, pasa isto.
Hai algunha Consellería que non sabe o que inventar para facer país, si señor.
Hai anos tiven a oportunidade de asistir en Madrid a unha exposición de fotografías de Virxilio Viéitez que me deixou asombrado. Aínda hoxe, repaso moitas veces o libro editado para a ocasión, e nel vexo recollida maxistralmente a esencia de Galicia, a súa historia, os anceios das súas xentes, a relación dos galegos coa morte, todo aquelo que nos conforma.
Hoxe entereime desta triste noticia. Pero as súas fotografías quedarán para sempre.
Interesante esta iniciativa nun lugar onde o emprego da lingua galega é minoritario.
O vindeiro 18 de xuño inaugúrase en Madrid a exposición Trazos: Comic e Ilustración, na fundación FEIMA, con obras de Miguelanxo Prado.
Asimesmo, o mesmo 18 comezarán os pases de GALICIA EN CORTO 2008, na mesma Fundación, contando con cortos de autores coma Marta Cabrera, Pablo Millán e Ana Lombao, Omar Rabuñal, Fernando Cortizo, Manuel Mancou e outros.
Máis enlaces sobre a visita a Terras de Lemos o día 5 de Maio. Aquí, fotos e o enlace co Instituto Río Cabe de Monforte.