26 de outubro de 2006

NOVELAS DE 120 FOLLAS

Escoitando pola internet o outro día unha das tertulias do Consello da Cultura, comentaba Dolores Vilavedra a pouca extensión das novelas que se publicaban ultimamente en galego, fronte a outras novelas en castelán de longa extensión e gran acollida, e que 120 páxinas lle sabían a pouco. A min tamén me saben a pouco e coincido con ela.
Non podemos escribir novelas de trescentas páxinas? Ou de seiscentas, como o libro de Murakami que estou a ler? Isto, claro, salvando as setecentas do última novela de Manuel Rivas.
Por exemplo, veño de mercar na Galería Sargadelos da rúa Zurbano, que me queda preto do traballo, a última novela de Francisco Castro, Spam, que devezo por ler, xa que disfrutei dabonda con Xeración Perdida. Teño que dicir que esperaba unha novela máis longa e que quedei algo decepcionado polas súas 120 páxinas. Xa sei que a extensión non ten que ver coa calidade e hai moitos exemplos disto, pero que queren que lles diga, agardaba máis literatura dun autor que sigo con interese, tendo en conta, ademais, as bases do premio que gañou, que coido falan dun mínimo de 150 páxinas para presentar unha obra. Tamén sei que non é o mesmo unha páxina dun libro que a dun folio presentado a concurso, pero semella que neste caso o presentado a concurso se estirou bastante. E moito ollo, que ninguén colla isto por onde non se debe. O que pasa é que devezo por ler máis dos autores que me parecen bos, só iso.

2 comentários:

Anónimo disse...

Non, non ten 120 co cal non cumple coas base do premio que gañou dun xeito moi descarado. Coido ademáis que as primeiras 90, amáis de non gustarme, o cal é só a miña opinión, están infladas, non hai literaruta nelas, é tirar para diante sen decir nada. Fai literatura en 30. E iso é o Blanco Amor? Un timo

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Espero que non chegue a tanto. Aínda non a lin, pero coido que a Francisco Castro non lle gostan os timos.