13 de novembro de 2006

PUNTO FINAL

Logo dun ano de traballo, de loxística, notas e escritura, veño de rematar unha novela.
Estou ledo, coa satisfacción do deber cumprido. Distraeume de outros compromisos nos que estaba metido, e agora repousa no caixón, coas palabras a voar aínda coma po no aire do cuarto. Hai que deixar que ese po asente antes dunha nova lectura.
Agora, uns días tranquilos, novo caderno de tapas duras, novos rotuladores azul e vermello, e outra vez a loxística, a superación de atrancos, a dura conquista do cume que resiste con unllas e dentes.
Entre as cousas que pagan a pena, esta é unha delas.

1 comentário:

Veloso disse...

Parabéns. A publicación e os premios están moi ben, pero creo que aínda é maior a íntima satisfacción de rematar unha historia. Agardo poder lela pronto.