As novelas son trama, estrutura, personaxes e ritmo.
Vale.
Entre outras cousas.
E a lingua?
Digo eu que un escritor terá algún interese pola lingua.
Polo menos, penso eu que debería telo.
E non me refiro a simples erros derivados do descuido, cada vez máis estendido.
E digo un escritor, non esa chorrada de un novelista.
Onde deixamos a Joyce, ou a Beckett, ou a tantos outros?
5 comentários:
Eu estou de acordo contigo, pero xa sabes que os escritores que coidan a lingua agora son uns "embaucadores". Un saúdo.
Opino que entre os escritores galegos cóidase de máis a lingua (lóxico, polo que ten de militancia a escrita en galego) en detrimento da narratividade (a historia) e o estilo. E unha cousa non quita a outra, ou non debería.
Emocioname ler isto. ë unha alegría atopar alguén co que coincido: a literatura é TODO. O resto son escribidores
E para min tamén é unha alegría que visiten Abellonenia.
Bo Nadal.
¨A lingüa nosa pode que sexa unha traba a hora de vender libros¨ decíanme.
É por iso que os nosos escritores en lingüa galega valen máis do que valen seús libros. Sendo estos, para min, os diamantes de Áfica da nosa Galiza.
Carlos M. Martínez
Enviar um comentário