8 de março de 2007

LEMBRANZA DE CARLOS CASARES

Así era a vida, camarada. Podía chorar toda a noite no teu cuarto, podías preguntarlle a Deus por que tiñan que ser tan acedas as derrotas, por que detrás de cada ledicia presentida había sempre unha hora amarga. Pero Deus non respondía. A súa voz xa tan pequena, iríase desdebuxando máis aínda dende agora. De pouco ía valer que te chamase cada vez que subías as escaleiras de madeira da casa de Chicha evitando ser ouvido polos veciños do primeiro.
CARLOS CASARES. XOGUETES PARA UN TEMPO PROHIBIDO.
Sen dúbida, para min un dos mellores libros da literatura galega. E Casares, un dos grandes das nosas letras. Unha aperta e unha lembranza para el, aló por donde ande, en resposta á convocatoria do blogueiro das Uvas na Solaina e xusta lembranza para quen será un dos nosos clásicos.

Sem comentários: