Hai anos tiven a oportunidade de asistir en Madrid a unha exposición de fotografías de Virxilio Viéitez que me deixou asombrado. Aínda hoxe, repaso moitas veces o libro editado para a ocasión, e nel vexo recollida maxistralmente a esencia de Galicia, a súa historia, os anceios das súas xentes, a relación dos galegos coa morte, todo aquelo que nos conforma.
Hoxe entereime desta triste noticia. Pero as súas fotografías quedarán para sempre.
2 comentários:
Moi boas!!
Acabo de descobrer este blog. Dicir de Virxilio que puiden ver del unha exposición, que moitos lembraredes, no Museo do Pobo Galego. Sen desperdicio algún...
un saúdo
Benvido e unha forte aperta.
Enviar um comentário