11 de maio de 2009

CORRELINGUA

Agora tamén lles molesta o correlingua.

5 comentários:

Anónimo disse...

E se se pode saber... qué argumentas en contra do artigo do periódico? en qué molesta aos galego falantes? estiveches no correlíngua algunha vez? acaso é de recibo que se prantexe un espectáculo no que aparecen pelexando o galego e o castelán? non serán xa argumentos mediavais? xa me gustaría ver a resposta se efectivamente se fixera un correlengua....

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Non estiven no correlingua porque non vivo en Galicia. De vivir, si que estaría. Do que si estou seguro é de que vostede non irá ao correlingua cos seus fillos.
Amijiño, a cuestión está crara. Ver xuntos ao galego (a lingua propia de Galicia) e aos cativos (o futuro da lingua) prodúcelles alerxia. Resúltalles superior ás súas forzas. Todo o demais, pola súa parte, só é manipulación e, como din na miña terra, ladrar nun teselo.

Anónimo disse...

O tono da túa resposta xa o di todo. E ladrar, ladran os cans, acaso me chama a min can? ou chámasae a vostede mesmo?
Por certo, fun un par de veces ao espectáculo do correlíngua, mais que vostede, para que vexa. Para falar, primeiro hai ver o que se di alí, quen participa, etc.
Deséxolle éxitos no seu labor de escribir, ainda que pola educación mostrada, non lle vaia a mercar eu ningún mais, xa teño un seu.
Saúdos e a seguir con ese talante de integrismo nacional.

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Xa o sabía eu. En fin. Anónimo, o tema da manipulación e o de ladrar ía por quen se adica a enmerdar o galego desde as súas tribunas públicas (por certo, subvencionadas en boa medida con diñeiro público). Dada a importancia do asunto tratado (o idioma galego), no que non debe haber medias tintas, e os graves ataques que está a recibir por xentes tan "moderadas" e de tan "amable ton", coido que estou a ser bastante comedido, porque non me negará que todo ataque merece unha resposta, cando menos, equitativa, e aquí, o que se pretende por algúns, é reducir a lingua a cinsa.
Eu, que non milito en ningún partido político, defendo aquelas actividades que teñen como obxectivo a difusión da lingua, especialmente as que a vencellan á mocidade. Supoño que o correlingua é un exemplo. Independentemente do éxito que logo teñan. As críticas ao correlingua, abeirándoo interesadamente á política, sospeito que só son un xeito máis de intentar desprestixiar o evento (está de moda cargar contra toda manifestación en defensa do galego). Non acudín ao correlingua (cando estea en Galicia pode estar seguro de que o farei para disfrutar de tan "lamentable espectáculo" in situ, aínda que tamén dubido de que todos os que escriben nos xornais contra el teñan asistido e non escriban simplemente ao dictado do que manda), e non coñezo de primeira man como se exemplifica a situación da lingua diante dos cativos, iso dependerá da imaxinación dos organizadores, pero polo que leo hai profesores de varias materias cos cativos e non estamos diante dun ataque onde os pobres cativiños son abducidos polos demos nacionalistas. Pobriños, que maneira de traumatizar á xuventude! Con estas críticas, repito, interesadas, está craro o que se busca. E resulta doado mesturar todo no mesmo saco para que a foula despiste ao personal. Que doado é cargar contra o correlingua, moito máis doado que cargar contra aqueles que non cumpren a lexislación e non respectan os dereitos lingüísticos deses mesmos cativos. Alégrome de que fose vostede varias veces, e espero que ningunha delas o fixese obrigado.
En canto ao integrismo nacional, home, eu creo nunha nación, e supoño que tamén vostede. Só que seguramente a súa teña a capital en Madrid. Saúdos.

Anónimo disse...

Levo asistindo ao correlingua cos meus alumnos e alumnas dende hai anos e é unha maneira lúdica de prestixiar a lingua. Adoutrinamento? Iso nas clases de relixión católica que temos que aturar nos centros de ensino...
Por certo, dos centros non sae ningún rapaz sen a autorización dos seus pais.