1 de fevereiro de 2010

NOVELA ARRISCADA E PODEROSA

Unha novela que continua no mundo fantástico e ben trazado do autor: Xesús Manuel Marcos é a A Táboa da Hospitalidade, segunda entrega d' O Brindo de Ouro, relato co que autor gañara un premio Merlín. O autor amosa o seu diferenciado mundo marabilloso, na liña de Tolkien, ambicioso e pleno de movemento narrativo. Hai moitos anos que non encontro unha entrega en literatura xuvenil tan arriscada e poderosa. Un libro como este, traducido a calquera lingua, sería sen dúbida éxito libresco: aventura, intriga, acción sen cese... e unha prosa que acompaña substantivamente a narración. Hai demasiados nomes, certo. ¿Pero en que gran novela non os hai? Este libro é dos que teñen que ler os mozos para alimentar a súa imaxinación, desnutrida entre tantas historias de amores rotos e frustracións adolescentes. Xosé Carlos Caneiro. Fragmento do artigo publicado por Xosé Carlos Caneiro no suplemento «Culturas» de La Voz de Galicia, sábado, 30 de xaneiro de 2010.

1 comentário:

Brétemas disse...

Felizmente comezan a chegar as primeiras lecturas. Non teño dúbida que serán tan favorables como esta de Caneiro. A calidade da novela ben a merece.Abrazos de Manolo