23 de fevereiro de 2007

CANTEIRAS

O DESCONFORTADO: LINGUA E ECOLOXÍA

Verbo de montes perdidos, e de faltas lingüísticas, o das canteiras nos montes do Courel. Aí si que tiñamos poñerlle dentes á linguaxe. No galego de Londres utilizase a expresión: "síntome desconfortado". Sucede que despois da época do Dinosauro e do cambio de goberno, pasouse a unha especie de período de Confort. E a min esa preguiza democrática déixame desconfortado. Se hai unha prioridade lingüística, é a da defensa da natureza, das xentes e as cousas que esa lingua nomea. A sorte da lingua galega radica nesa imbricación ecolóxica coa sorte da terra. Na historia da lingua está a historia da paisaxe e do pobo. A lingua contén as pegadas que os seres humanos deixan no chan. A caligrafía coas curvas do desexo e as liñas quebradas da dor. Tamén a historia de cadaquén. O noso corpo é unha caixa de tipógrafo. As leis son importantes, mais as linguas xermolan, escintilan de novo, na utilidade esencial de nomear a festa e a ferida, a pulsión erótica e a pulsión da morte. Cando somos quen de que se adiante a expresar as crises e os conxuros. O malestar e a esperanza. Por iso, os manifestos copulativos deberían acudir os primeiros, coas verbas de urxencia, ás canteiras ilegais no corazón do Courel.

MANUEL RIVAS.

Por suposto, comparto plenamente as palabras de Rivas.

2 comentários:

folerpa disse...

Foi un pracer recibir a súa visita nas miñas alfaias. Concordo co de Auster e a súa lista da compra.
Por certo, gardo na memoria unha boa lembranza daquela terra Queimada súa, collereino de novo un día destes.
Unh apareta

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Unha aperta.

Logo do Sari, tamén agardo nova obra súa.