27 de fevereiro de 2007

NEIRA CRUZ

O ARMIÑO DORME, libro de Xose A. Neira Cruz, resultou seleccionado entre os dez mellores libros de LIX do 2006 en Venezuela.
É para min unha satisfacción este recoñecemento para un autor dos que considero con máis calidade, dos punteiros, na narrativa galega, xa non digo para mozos, senón en xeral.
NORABOA, XOSE A. e agardo a que veñas por Madrid para tomar unhas cañas e celebralo.

5 comentários:

Anónimo disse...

Noraboa si. E somos moitos os que pensamos que máis vale un independente con criterio que todas esas moreas de mediocres que teñen que ir en grupo para defender a súa literatura e impoñer respecto aos "críticos" de Galiza que só critican aos que van por libre. E isto non é de agora, dende aqueles pedantes profesores do grupo de poetas de vigo que facían un suplemento cultural onde saían eles sós dicindo cada un do seu colega que era xenial e viceversa (e aínda continúan...), pasando polo batallón literario da costa da morte e continuando polas poetisas que só conseguen que se lles trague a súa ignorancia e mediocridade indo en grupiño de mociñas en flor. Dito sexa sen acritude.

nhusko disse...

Brindo por Neira

Mr Tichborne disse...

carallo para o anónimo... quedaría a gusto. Gustábame máis cando escribiu o Lazarillo.
Dío sen acritude ou con ela, pero asina.

Marcos Valcárcel López disse...

Homenaxe a Carlos Casares. Convite á blogosfera galega

O próximo venres, 9 de marzo, vanse cumprir cinco anos da morte de Carlos Casares, falecido en Vigo o 9 de marzo do 2002. Carlos Casares foi un excelente escritor, un magnífico conversador e tertuliano e, para moitos/as, un amigo e un referente moral.
Propóñovos, se vos parece ben, facerlle unha pequena homenaxe dende a blogosfera galega (refírome a todos os blogs de galegos, de nacemento e de corazón, que se reparten por todo o planeta). Ó cabo, Carlos era un apaixonado dos aparatos e trebellos tecnolóxicos máis orixinais e tamén estaba entusiasmado co mundo virtual e as posibilidades de Internet. Non chegou a escribir un blog, pero tiña un xeito de blog nos xornais (“Á marxe” en La Voz de Galicia), co que comunicaba todos os días con milleiros de galegos e galegas, sendo o columnista máis seguido da prensa galega. Consta ademais que moitos dos seus amigos e colegas chamábano a cotío dándolle datos ou comentarios sobre os temas que trataba nas súas columnas: o equivalente ó que hoxe son os comentarios ós nosos textos nos blogs.
En fin, que se vos parece pertinente, sería moi fermoso que o 9 de marzo todos os blogs que queiran publiquen un pequeno texto en homenaxe a Carlos Casares, lembrando a súa obra e a súa personalidade. Queda feito o convite.
(www.asuvasnasolaina.blogspot.com)

O Breogán de Gáidil disse...

Sempre é bo que a literatura galega sexa recoñecida. Aínda que sexa en Venezuela (a ver para cando se nos recoñece alén dos Ancares)

PS: Respostéiche ao post de Mestres do Cómic.