Todos falan da bondade dos que deixan de estar aquí, aínda que non todos o merecesen e algúns carecesen totalmente dela.
Ninguén di o contrario, aínda que sexa a pura verdade.
Por iso gusto dos autores que desenmascaran este costume, esta mentira tan extendida, unha máis entre tantas. E por iso releo moitas veces un dos relatos que máis me gustan de cantos se escribiron por un dos mellores escritores que ten dado a literatura: A Morta, de Guy de Maupassant, publicado aló polo 1887. Asistimos á desesperación dun namorado que perde á súa amada e vaga sen rumbo. Á fin, volve a París, alí onde morreu o seu amor. Unha noite, nun arrebato de loucura, vai ao cemiterio na súa busca. Abraiado, contempla como os mortos comezan a saír das súas tumbas, e a borrar o que está escrito nas lápidas por familiares ou amigos, para poñer eles mesmos a verdade do que foi a súa vida. O protagonista do relato de Maupassant achégase xunto da tumba da súa idealizada amada, onde antes el escribira na lápida: Amou, foi amada, morreu. A morta borra isto e pon: Tendo saído un día para engañar ao seu amante, arrefriou por mor da chuvia, e morreu.
3 de outubro de 2008
Subscrever:
Enviar feedback (Atom)
Sem comentários:
Enviar um comentário