25 de outubro de 2007

¿DE QUE ME SONA?

"Como escritor, el hebreo es el mayor regalo que habría podido recibir. Es un maravilloso instrumento musical sobre el que componer. Siento que hay un paralelismo con los escritores en inglés durante la época isabelina, cuando se encontraron un idioma todavía sin formar del todo y que podían explotar al máximo con su imaginación. Me gusta porque no está solidificado y eso me da margen de libertad. Siento la misma relación con mi idioma que un amante desbocado, es como un volcán que siempre está a punto de erupción".

Amos Oz

PRESENTACION DE A LUA DOS EVERGLADES

Se non hai imprevistos, o vindeiro sábado 27 de outubro cara á unha da tarde presentaremos en Melide, na Casa do Concello, a novela gañadora do Premio Terra de Melide.

19 de outubro de 2007

AUTOR DA SEMANA

A semana do 22 ao 26 de outubro poderán escoitarme no Diario Cultural da Radio Galega, lendo fragmentos da miña última novela, A lúa dos Everglades, incluíndo tamén unha entrevista cara ao xoves ou venres. Espero que lles guste.

18 de outubro de 2007

12 de outubro de 2007

FALARLLES EN GALEGO

Non deixa de resultar paradóxico que eu, en Madrid, fale cos meus sempre en galego, que lle fale ás miñas fillas en galego, que elas o entendan, o falen, o lean, e que, sobre todo a maior, que ten trece anos, cando chega a Galicia e se lle acercan os mozos, tanto ten que sexan da Coruña ou de Lugo, o fagan falándolle en castelán, aínda que ela lles fale en galego. Quen pasee unha tarde polas rúas de Lugo, poñamos pola do Progreso, por poñer un exemplo, e falo de Lugo, xa non me poño con Vigo ou a Coruña, e escoite aos adolescentes sentados nas terrazas dos bares, verá que non falan en galego. Moito me temo que esta xa é unha batalla perdida.

9 de outubro de 2007

A LÚA DOS EVERGLADES

Á fin teño nas mans a miña última novela. Transcribo o texto da contracapa:
Antón, Dosinda, e Luís, os Quintelo, tres velliños gallegos, que foran propietarios da panadaría A Primavera, aparecen asasinados na súa casa de Primeira Xunta 780, no barrio bonaerense Belgrano. O xove funcionario e escritor Andrés Leiro amiga con Manuel Eiras, un seu veciño xubilado que vive aparentemente só en Madrid dende hai varias décadas. A lúa escintilaba por riba dos Everglades, cando Aurora, que regresaba encabuxada e medosa de limpar unhas oficinas, é atacada na Down Town de Miami … A lúa dos Everglades de Xesús Manuel Marcos é unha novela de intriga na que amodiño van converxendo, baixo a banda sonora dos temas dos Tamara, tres historias moi emocionantes de amores e rancores, aparentemente sen vencello entre elas, dos membros dunha familia de emigrantes galegos espallada polo mundo. Tres historias de saudades, tres relatos de exilios sentimentais escritos cunha prosa punxente e inusualmente fermosa. Unha emocionantísima novela sobre a emigración galega, gañadora do Premio Terra de Melide 2007.
Espero que lles guste. O vindeiro 27 de outubro presentarémola en Melide.

4 de outubro de 2007

MELANCOLÍA

Unha tarde de outono, xa hai anos, paseando por Santiago, atopei a Novoneyra pola rúa. Comezamos a falar e transmitiume a súa melancolía por non poder estar no Courel polo castañal, quizais a estación, e niso coincidimos daquela, máis fermosa nos outos cumes. Agora, tanto tempo despois, comprendo o seu pesar por non poder estar alí polo castañal, sentindo o bombo a dar voltas riba do lume, bebendo o viño novo, enchendo os ollos da cor das follas.