23 de maio de 2009

ATENEO FOTOGRÁFICO

Unha forte aperta para José do Ateneo Fotográfico, en lembranza de vellas excursións. Fermosas fotos do Courel, entre outras moitas, na páxina do Ateneo.

19 de maio de 2009

O SOÑO DO MONSTRUO

"D7 todavía.- Una mosca aplastada es como un cuadro abstracto. La que abarca la mano excitada de Amir, tan contento de su trofeo que ríe a carcajadas mientras rugen las armas, podría parecerse a una flor enferma, a un cangrejo mutante, a un objeto celeste, a un autorretrato en un espejo deformante, a una sonrisa de purificador étnico, a un burec mal cocido, a una baklava fallida o a un intelectual mediático, a un decreto del Consejo de Seguridad de la ONU, a una vista aérea de una ciudad herida... Cojo la mano de Amir y miro la palma manchada. Veo a Sarajevo agonizante."

Enki Bilal.

El sueño del monstruo.

DE LOBOS E OVELLAS

Uns xa hai tempo que quitaron a pel de ovella, mentres outros comezan a quitala devagar. Agora resulta que se fala de buscar "consenso". ¿Acaso non existía xa consenso?

14 de maio de 2009

17 DE MAIO

O galego que non fala
Na lingua da súa terra
Non sabe o que ten de seu
Nin é merecente dela.
(Da Vella Roseira. Victoriano Taibo)

12 de maio de 2009

¿POR QUE NON QUEREN O GALEGO EN GALICIA?

É a pregunta que lle fai un sorprendido cativo de Bos Aires a un dos nosos mellores escritores, Xosé A. Neira Cruz. Pego aquí o seu magnífico artigo. O que inqueda ao autor, igual ca min, é o motivo polo que tal pregunta non é formulada por ningún adolescente galego. A min tampouco ma fixeron en ningún colexio, en ningún instituto de Galicia, nin con preocupación nin sen ela. E se esa preocupación non existe nos que deben ser falantes da lingua no futuro, ¿que futuro queda?
Xosé A. Neira Cruz . Waterboarding . Cando os días mudan tristes, e un esperta coa estraña sensación de non dar saído, por máis que o intente, do pozo de mendacidade no que con máis frecuencia da aconsellable nos megullamos ou nos deixamos mergullar, un recurso feliz para coller aire antes de volver a sufrir o waterboarding cultural, é recuperar unha imaxe ou unha lembranza preñada pola semente dun futuro prometedor. Eis, pois, o meu esforzo de hoxe, a miña aposta, antes de que alguén volva turrar pola miña cabeza para dentro das augas escuras.Nesa imaxe ou lembranza, un rapaz de acusado sotaque porteño, faime unha pregunta en galego e sobre o galego. Estou en Bos Aires, nesoutra parte da Galicia esparexida, e o colexio Santiago Apóstol acolle unha miña intervención ante adolescentes que se educan en galego, castelán e inglés. “Por que non queren o galego en Galicia?”, pregúntame ese mozo, que non sei dicir se é necesariamente descendente de galegos, xa que arredor de min hai rapaces a me falar na nosa lingua con evidentes trazos étnicos que remiten a diferentes latitudes do mundo. Despois de responder cun optimismo necesario (porque moitas veces só a balsa do optimismo nos permite continuar a aboiar), sigo lembrando esa pregunta e esa voz. No taxi de regreso. Na soedade da habitación do hotel. Agora, aquí, mentres escribo e me pregunto se haberá algún adolescente nalgún centro de ensino de Galicia disposto a me facer a mesma pregunta con idéntica carga de sincera preocupación. Velaquí a dúbida previa ao inminente afogo.