29 de novembro de 2009

PRESENTACION DO BRINDO DE OURO II A TABOA DA HOSPITALIDADE

O domingo, 6 de decembro, presentarei, na compaña de Manuel Bragado, Director Xeral de Edicións Xerais de Galicia, o meu último libro, O BRINDO DE OURO II A TÁBOA DA HOSPITALIDADE, no transcurso da Festa da Pisa de Froxán. Alí nos veremos.

AS CORES DO COUREL

Cadros premiados co primeiro, segundo e terceiro premio no Certame de Pintura que anualmente convoca a Asociación Fonte do Milagro, de Froxán, no Courel.

15 de novembro de 2009

AGOTA KRISTOF: PROSA HOMICIDA

Para decidir si algo está "bien" o "mal" tenemos una regla muy sencilla: la redacción debe ser verdadera. Debemos escribir lo que es, lo que vemos, lo que oímos, lo que hacemos. Por ejemplo, está prohibido escribir: "la abuela se parece a una bruja". Pero sí está permitido escribir: "la gente llama a la abuela "La Bruja". Está prohibido escribir: "el pueblo es bonito", porque el pueblo puede ser bonito para nosotros y feo para otras personas. Del mismo modo, si escribimos: "el ordenanza es bueno", no es verdad, porque el ordenanza puede ser capaz de cometer maldades que nosotros ignoramos. Escribimos, sencillamente: "el ordenanza nos ha dado unas mantas". Escribiremos: "comemos muchas nueces", y no: "nos gustan las nueces", porque la palabra "gustar" no es una palabra segura, carece de precisión y de objetividad. "Nos gustan las nueces" y "nos gusta nuestra madre" no puede querer decir lo mismo. La primera fórmula designa un gusto agradable en la boca, y la segunda, un sentimiento. Las palabras que definen sentimientos son muy vagas; es mejor evitar usarlas y atenerse a la descripción de los objetos, de los seres humanos y de uno mismo, es decir, a la descripción fiel de los hechos.
AGOTA KRISTOF. EL GRAN CUADERNO (CLAUS Y LUCAS).
**********************************************************************************
Veño de rematar a lectura do libro Claus e Lucas, de Agota Kristof, un volume no que se recollen as tres novelas que a escritora nada en Hungría publicou entre 1987 e 1991. Unha obra mestra, especialmente a primeira novela, El Gran Cuaderno, escrito cunha prosa seca, medida, dunha perfección como teño lido poucas. Moi poucas. Intúo ecos de Kafka e de Beckett. ¿Como non caeu antes este libro nas miñas mans?

7 de novembro de 2009

A TABOA DA HOSPITALIDADE

Na derradeira semana do mes de novembro chegará ás librarías a segunda entrega da serie O Brindo de Ouro, iniciada coa novela coa que Xesús Manuel Marcos obtivera o Premio Merlín en 2004. Baixo o subtítulo «A Táboa da Hospitalidade», Marcos ofrece unha novela longa de aventuras agardada durante anos polos admiradores d' A Chamada do Brindo.

4 de novembro de 2009

O BRINDO DE OURO II: A TÁBOA DA HOSPITALIDADE

Selmo, o Gardián do Brindo de Ouro, protexe ao seu pobo arxina no Pico de Brío, até que unha noite chega un guerreiro con novas que trocarán a paz das aldeas e porán ao Gardián nunha encrucillada onde nada é o que parece. Alguén quere acabar para sempre cos arxinas, e pode que o inimigo estea ao seu carón. O que lle vai ser revelado a Selmo significará o comezo dunha apaixoante novela de acción, misterio e aventuras, na que, arredor do terrible segredo dunha máxica táboa de arxila, o amor e a traizón, a fidelidade e a cobiza enfrontaranse no marco das antigas fragas e devesas das Terras Outas dos arxinas. A Táboa da Hospitalidade é a segunda entrega da serie O Brindo de Ouro, iniciada con A chamada do Brindo, novela pola que Xesús Manuel Marcos obtivo o Premio Merlín 2004.