13 de junho de 2008

CÓMIC, ILUSTRACIÓN E GALICIA EN CORTOS

O vindeiro 18 de xuño inaugúrase en Madrid a exposición Trazos: Comic e Ilustración, na fundación FEIMA, con obras de Miguelanxo Prado.

Asimesmo, o mesmo 18 comezarán os pases de GALICIA EN CORTO 2008, na mesma Fundación, contando con cortos de autores coma Marta Cabrera, Pablo Millán e Ana Lombao, Omar Rabuñal, Fernando Cortizo, Manuel Mancou e outros.

4 de junho de 2008

DÍA DE FEIRA

Como lles dixen, o sábado, día 7 de xuño, de 19:00 a 21:00 horas, estarei asinando exemplares dos meus libros (tanto en galego coma en castelán) na Feira do Libro de Madrid, na caseta número 64.
Se deciden dar unha volta polo Retiro, xa nos veremos. Por certo, o Parque do Retiro, coas últimas e abondosas choivas, está máis fermoso ca nunca.

1 de junho de 2008

DECÁLOGO

Quizais non sexan vostedes moito de listas e decálogos. Eu tampouco. Mais, como me preguntaron, escollerei dez libros deses que levaría comigo. Fican moitos, moitos, fóra.
Hambre, de Knut Hamsun (...e a Triloxía do Vagabundo e A bendición da Terra...).
A Esmorga, de E. B. Amor (...e Xente ao Lonxe e Os Biosbardos...).
Absalón, Absalón, de W. Faulkner (...e todas as demais do mellor novelista da Historia).
Teatro, de W. Shakespeare.
El Innombrable, de S. Beckett (...e as outras dúas da triloxía e o teatro).
Pedro Páramo, de Rulfo (...a Gran Novela Galega, xunto coa posta en 2º lugar).
Ulises, de Joyce (...na compaña dos Dublineses).
Crime e Castigo, de Dostoiewski (...e O Xogador, e...).
Na percura do tempo perdido, de Proust (...na edición de Alianza, tropecentos volumes).
Relatos completos, de Julio Cortázar (...e de postre, Rayuela).
Mágoa que só se poidan poñer dez. Senón, tamén irían: Céline, Melville, Hoffmann, Maupassantt, Schwob, Poe, Tolkien, Homero, Sófocles, Kavafis, Cervantes, Tolstoi, Sholojov, Nabokov, Turgueniev, Dylan Thomas, Cunqueiro, Fole, Celso Emilio, Conrad, Bulgákov, Ovidio, Bernhard, Torga, Berger, Onetti, Carpentier, Wilde, Buzzati e mais Stevenson, entre outros. E, se me apuran, Eugenides e Franzen. Como ven, un imposible isto das listas e os decálogos.