22 de fevereiro de 2008

EL BRINDO DE ORO

Logo da súa publicación en galego, o meu libro o Brindo de Ouro ten edición en castelán, da man da Editorial Anaya. Como para min é unha novidade, estou ledo.

15 de fevereiro de 2008

¿DÚBIDAS?

Leo unhas declaracións do escritor Ferran Torrent no blog de Brétemas e, ademáis do tan ultimamente comentado tema das viaxe a feiras e demais, hai algo que me chama a atención: o seu desánimo como escritor en catalán, e as súas dúbidas en canto á posibilidade de seguir sendo un autor en catalán e o temor a que a situación da lingua e a lectura no seu país o leve a ter que buscarse a vida noutro sitio. ¿Haberá algún, poucos ou moitos escritores galegos coas mesmas dúbidas? ¿Comenzará a xente, desanimada, a buscarse a vida? ¿Haberá quen se farte de que o ignoren, e non só os lectores, senón críticos, medios de comunicación e demais, e tente outros camiños?