26 de maio de 2006

DIA DAS LETRAS PARA MARIA MARIÑO

Pola súa obra poética e pola relación desta noiesa coa miña terra do Courel, sería unha boa nova que o vindeiro Día das Letras Galegas fose adicado a Maria Mariño. Non creo que aconteza, debido ás polémicas de todos coñecidas que cobren cun aquel de sospeita a súa obra. Polémicas falsas, segundo a xente que a coñeceu.
Moitos comentan tamén os merecementos de Lois Pereiro. Sen dúbida. Estiven, hai anos, na presentación en Monforte de Lemos do seu último libro, póstumo, Poesía última de amor e enfermidade, no que falaron Manuel Rivas, Manuel María, e o editor, Fernán Vello, nun fermoso acto de lembranza do poeta. Pola escrita de Pereiro entraron aires de modernidade na poesía galega. Unha poesía doorosa, ferinte. Lembro a súa figura solitaria a camiñar polas rúas de Monforte nos meus anos de estudante na vila do Cabe, sen decatarme de que, cabo de min, pasaba un poeta excepcional.

5 comentários:

Anónimo disse...

Coincido contigo no aprecio pola obra de María Mariño e, tamén, de Lois Pereiro. De feito, nun post da miña páxina propúñaos como posibles candidatos ás Letras Galegas 2007. Estamos en sintonía. Saúdos.

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Graciñas, pés de naufragho. Estou de acordo co da discriminación positiva e María Mariño sería unha boa candidata, entre outras. Celebro que gostase do Brindo. ¿Leu Fonte de Esperante? Unha aperta.

Anónimo disse...

Xa ves que atinamos, Xesús Manuel, como tamén o fixo María Pés de Náufragha. Unha ilusionante decisión a da Academia...

Anónimo disse...

Únome a todos os que estades a celebrar a sabia decisión da Academia para homenaxear a María Mariño nas Letras Galegas 2007- Sí que hai mulleres autoras, o que pasa é que moitas veces non se lles permite deixarse coñecer.
Rosa Gómez Limia-Asociación Teenses Pola IOgualdade(Teo-A Coruña)
Teensespolaigualdade.org

maite barrenechea disse...

Gracias a tododos los lectores de este apartado por los comentarios sobre Maria Mariño, soy su sobrina nieta y me siento muy emocionada por ello. GRACIAS