9 de outubro de 2006

EXEMPLO ILUSTRATIVO

No último número da revista Que Leer pódese apreciar a diferencia entre o tratamento da literatura en lingua catalana e a literatura na nosa lingua.
Dúas páxinas cumpridas para Cataluña, e menos de media páxina para Galicia.
¿Somos peores escritores que os catalanes?

5 comentários:

ghanito disse...

É a lei da oferta e a demanda. Aquí a xente non demanda productos na súa lingua e alí, si.
Facer productos en catalá é negocio. En galego, sen subvencións, as mais das veces, non. É triste, pero é así.

torredebabel disse...

peores non, menos ricos.

Anónimo disse...

Temos mais lectores, mais mercado, mais publicacions e mais cartos. Mais para qué comparar? É absurdo. Son dous situacions completamente distintas.

marcos valcarcel disse...

Son mundos moi diferentes, dende logo. E nada ten que ver a comparación coa calidade das dúas literaturas. Supoño que pasaría igual se se falase do deporte, da economía, da avogacía ou de calquera cousa. Mágoa que tantos galegos en Madrid (e tamén en Cataluña) non fagan de "lobbie" de presión, con máis forza, para que Galicia sexa máis recoñecida dende fóra. Todo se andará...

Anónimo disse...

Si, somos peores: aquí hai menos escritores que publiquen con regularidade, e a calidade media dos seus traballos tamén queda moi por debaixo (en LIX a situación é crítica) ca en Catalunya. Somos peores escribindo e tamén somos peores lectores. E na edición non digamos... Somos peores cós cataláns en case todo, non pasa nada por recoñecelo e intentar mellorar.