3 de dezembro de 2006

UNHA NOVELA É...

As novelas son trama, estrutura, personaxes e ritmo.
Vale.
Entre outras cousas.
E a lingua?
Digo eu que un escritor terá algún interese pola lingua.
Polo menos, penso eu que debería telo.
E non me refiro a simples erros derivados do descuido, cada vez máis estendido.
E digo un escritor, non esa chorrada de un novelista.
Onde deixamos a Joyce, ou a Beckett, ou a tantos outros?

4 comentários:

Veloso disse...

Eu estou de acordo contigo, pero xa sabes que os escritores que coidan a lingua agora son uns "embaucadores". Un saúdo.

Mr Tichborne disse...

Opino que entre os escritores galegos cóidase de máis a lingua (lóxico, polo que ten de militancia a escrita en galego) en detrimento da narratividade (a historia) e o estilo. E unha cousa non quita a outra, ou non debería.

nhusko disse...

Emocioname ler isto. ë unha alegría atopar alguén co que coincido: a literatura é TODO. O resto son escribidores

Oulego disse...

E para min tamén é unha alegría que visiten Abellonenia.

Bo Nadal.