14 de janeiro de 2007

OBRIGA CURIOSA

A Comunidade de Madrid decidiu o ano pasado que os que aprobasen as oposicións para Técnicos Superiores de Administración Xeral, as máis difíciles, debían pasar unha proba no posterior curso selectivo que consistía na lectura e estudio en profundidade dunha obra literaria. Seleccionaron a oito escritores: Sánchez Dragó, Gustavo Bueno, Savater, Daniel Innerarity, Gregorio Salvador, Angeles Caso, García de Cortázar e Ramón Tamames. Logo de aprobar a oposición, hai un curso selectivo no que debe lerse unha obra destes autores e hai que pasar unha entrevista sobre esta obra. Que vos parece esta forma de seleccionar funcionarios, tendo en conta que se non se pasa a entrevista sobre o libro en cuestión pérdese a posibilidade de que te nomeen funcionario? Que opinades sobre os autores seleccionados?

5 comentários:

Marcos Valcárcel López disse...

Pois a selección está feita, agás o caso de D.Innenarity, para acabar mal do cerebelo... Supoño que nas bases se indicará tamén que, nos casos de Savater e Tamames, só se permite ler libros e artigos recentes, non os da súa etapa máis combativa e antifranquista, digo eu. Por outra banda, nese canon faltan Pío Moa e César Vidal. Por certo, qué fonte usache para esa información? Custa crelo, aínda que seguro que é verdade.

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Vén no País de hoxe domingo.

Mr Tichborne disse...

Engadirán aturar enteiras as gravacións do programa do Dragó, como proba de resistencia?

Anónimo disse...

Eiquí andan protestando os españois por teren que aprender un idioma para se comunicaren coa xente para a que van traballar, e alí mándanlle ler aos ideólogos do réxime... Gregorio Salvador, bo peixe, bo dinosauro das letras "hespañas", dos que seguen a reescribir a Menéndez Pidal de pi a pa e sen arroubos, de costas á sociolingüística moderna ou a calquera estudo de campo que demostre que o galego se segue a falar hoxe en día (recordemos, levan catro séculos dicindo, dende Nebrija, que o emprego do galego é completamente residual, e tumba que dálle).
A verdade é que me sorprende a nova, pero non me abraia. Son os que son e non lles hai que facer.
Por certo, que diría a prensa madrileña se aquí se lles fixer pasar unha proba sobre Castelao, Ferrín, Sechu Sende, Forcadela, Cáccamo, Otero, Teresa Moure, Chus Pato,... aos funcionarios? Medo mete imaxinalo...

Unha aperta fonda,
xabi x xardón

Anónimo disse...

De coña.A ver, de Sanchez Dragó e de Angeles Caso tentei ler algo hai anos e non fun capaz de rematar os libros. Do resto teño lido cousas soltas, excepto de D. Innenarity, que non sei quen é. De todolos xeitos, é unha estupidez.