Cando queira, será un pracer escoitar as súas opinións no novo lugar de debate que boto a andar: http://nalinguagalega.blogspot.com/ Graciñas e un saúdo do neto de Manuel Veloso, que matou centos de porcos por toda a parroquia de Penosiños e arredores.
Vai a variar algo a matanza tradicional, pero as tradicións non son boas por tradicións, e se non está ben, pois se cambia e haberase que adaptar, coa pistoliña de marras a morte do porco é instantánea e sofre moito menos. O resto da matanza non ten porque cambiar.
Durante unha das últimas veces que baixei ó río para probar sorte coa cana, non me saiu da cabeza a ollada profunda da troita, cando despois de máis ou menos loita, e dun último empurrón o pescador logra guindala contra o sólido elemento da beira. Cecais dende aquel día a cana e máis eu deixamos unha relación de profunda amistade para vernos de cando en vez e máis ca nada co único fin de remexer nos recordos tomando unha cervexa. Imaxinei tamén a aquela troita armando tal estrondo igual ca un porco na súa loita por sobrevivir e entristeceume a mala sorte que acontecera sobre o peixe ó verse privado da facultade de berrar. Eu estou dacordo coa normativa sobre a matanza do porco que recentemente entrou en vigor, mais pregúntome se este afán de normativizar reponderá á intención de rematar verdadeiramente co sufrimento dos animais ou máis ben de acalar berros e accións de "mal gusto" que nos producen incomodidade e nos fan sentir desacougados. Se o porco non berrase e mostrase menos resistencia cecais non sentísemos necesidade de normativizar, aínda que o sufrimento do animal fose o mesmo. De tódolos xeitos agardo que a normativa sobre matanzas protexa a dignidade dos porcos, non coma no caso das normativas sobre matanzas humanas, onde as leis indican sentencias de morte sen atordoamento previo e matanzas masivas por intereses indignos, esquecendo de raiz tanto os berros coma o sufrimento das persoas.
Os meus libros: O BEBEDOR DE RAKIA (Xerais, 2011); O ESCONXURADOR (Galaxia, 2010); O BRINDO DE OURO II: A TÁBOA DA HOSPITALIDADE (Xerais, 2009),TRES MERLOS BRANCOS (Espiral Maior, 2008). EL BRINDO DE ORO (Anaya, 2008). A LÚA DOS EVERGLADES (Xerais, 2007).
FONTE DE ESPERANTE (Xerais, 2005).
O BRINDO DE OURO.I.A CHAMADA DO BRINDO (Xerais, 2004).
TERRA QUEIMADA (Laiovento, 1997).
EN TERRA PERIGOSA (Espiral Maior, 1996).
RELATOS (Laiovento, 1995).
6 comentários:
Cando queira, será un pracer escoitar as súas opinións no novo lugar de debate que boto a andar:
http://nalinguagalega.blogspot.com/
Graciñas e un saúdo do neto de Manuel Veloso, que matou centos de porcos por toda a parroquia de Penosiños e arredores.
Non sei que me parece. Nunca asistín a unha matanza. Pero se o animal ten menos angustia será bo, non?
Señor Veloso, vou para alá.
Hormiga, concordo con vostede.
Vai a variar algo a matanza tradicional, pero as tradicións non son boas por tradicións, e se non está ben, pois se cambia e haberase que adaptar, coa pistoliña de marras a morte do porco é instantánea e sofre moito menos. O resto da matanza non ten porque cambiar.
eu já me fixem a pergunta:
e se os porcos os toureassemos com capote e logo os matassemos co estoque numha praça, seria ilegal?
nom entendo porque os espanhois seguem com esa festa macabra impunemente, sem que intervenha a ONU, polo menos!.
saúdos, oulego!
madeingaliza
Durante unha das últimas veces que baixei ó río para probar sorte coa cana, non me saiu da cabeza a ollada profunda da troita, cando despois de máis ou menos loita, e dun último empurrón o pescador logra guindala contra o sólido elemento da beira. Cecais dende aquel día a cana e máis eu deixamos unha relación de profunda amistade para vernos de cando en vez e máis ca nada co único fin de remexer nos recordos tomando unha cervexa.
Imaxinei tamén a aquela troita armando tal estrondo igual ca un porco na súa loita por sobrevivir e entristeceume a mala sorte que acontecera sobre o peixe ó verse privado da facultade de berrar.
Eu estou dacordo coa normativa sobre a matanza do porco que recentemente entrou en vigor, mais pregúntome se este afán de normativizar reponderá á intención de rematar verdadeiramente co sufrimento dos animais ou máis ben de acalar berros e accións de "mal gusto" que nos producen incomodidade e nos fan sentir desacougados. Se o porco non berrase e mostrase menos resistencia cecais non sentísemos necesidade de normativizar, aínda que o sufrimento do animal fose o mesmo.
De tódolos xeitos agardo que a normativa sobre matanzas protexa a dignidade dos porcos, non coma no caso das normativas sobre matanzas humanas, onde as leis indican sentencias de morte sen atordoamento previo e matanzas masivas por intereses indignos, esquecendo de raiz tanto os berros coma o sufrimento das persoas.
Enviar um comentário