19 de maio de 2008

NOVAS NARRADORAS GALEGAS

O ano pasado, xa tiven a honra de participar no xuri que premiou un magnífico e desacougante relato escrito por unha moza que comezaba a súa andaina literaria.

Este ano, a gañadora volveu ser outra moza, á que lle mando a miña noraboa. Foi co Manuel Murguía como comecei nisto e teño unha especial querencia por Arteixo, tanto polo que supuxo para min literariamente como polo ben que alí me trataron sempre. Este premio Manuel Murguía de Arteixo é un exemplo de organización, o mesmo cando o coordinaba Quique Rabunhal como agora que o coordina Julio Mancebo.

O futuro é delas. O futuro da lingua, e o futuro da literatura, tanto desde o punto de vista da escrita coma desde o da lectura.

Sem comentários: