1 de junho de 2008

DECÁLOGO

Quizais non sexan vostedes moito de listas e decálogos. Eu tampouco. Mais, como me preguntaron, escollerei dez libros deses que levaría comigo. Fican moitos, moitos, fóra.
Hambre, de Knut Hamsun (...e a Triloxía do Vagabundo e A bendición da Terra...).
A Esmorga, de E. B. Amor (...e Xente ao Lonxe e Os Biosbardos...).
Absalón, Absalón, de W. Faulkner (...e todas as demais do mellor novelista da Historia).
Teatro, de W. Shakespeare.
El Innombrable, de S. Beckett (...e as outras dúas da triloxía e o teatro).
Pedro Páramo, de Rulfo (...a Gran Novela Galega, xunto coa posta en 2º lugar).
Ulises, de Joyce (...na compaña dos Dublineses).
Crime e Castigo, de Dostoiewski (...e O Xogador, e...).
Na percura do tempo perdido, de Proust (...na edición de Alianza, tropecentos volumes).
Relatos completos, de Julio Cortázar (...e de postre, Rayuela).
Mágoa que só se poidan poñer dez. Senón, tamén irían: Céline, Melville, Hoffmann, Maupassantt, Schwob, Poe, Tolkien, Homero, Sófocles, Kavafis, Cervantes, Tolstoi, Sholojov, Nabokov, Turgueniev, Dylan Thomas, Cunqueiro, Fole, Celso Emilio, Conrad, Bulgákov, Ovidio, Bernhard, Torga, Berger, Onetti, Carpentier, Wilde, Buzzati e mais Stevenson, entre outros. E, se me apuran, Eugenides e Franzen. Como ven, un imposible isto das listas e os decálogos.

1 comentário:

Anónimo disse...

Temos en común máis que algún amigo (José María). Celebro saber que tamén eres un fan de Faulkner. Gusto de case todo o que citas (A Esmorga, desde logo, Pedro Páramo, naturalmente); tamén de Kafka e Conrad, entre outros moitos, pero Faulkner segue a parecerme o mellor.
Saúdos. Xavier López Rodríguez