20 de novembro de 2008

PABLO E O CAPITÁN

Lembro a túa ilusión desde hai tanto tempo para facer cine e cumprir os teus soños. Sei dos malos momentos, felizmente superados. Deséxoche toda a sorte do mundo agora que ese proxecto no que traballaches con tanta ilusión se fixo, á fin, realidade.

2 comentários:

folerpa disse...

Xesús, vexo que coma min actualizaches o blogue. Supoño que malia a nosa conxénita impericia imos todos aprendendo. Agora que vexo aí a cuberta, vou reler Terra Queimada. Se é como o lembro cae recensión en alfaias un día destes.

Unha aperta

Oulego disse...

Actualicei, grazas a que agora o fixeron máis acaído á miña ignorancia nestes temas (antes co html era case imposible). Afortunadamente, decatáronse de que tamén existimos, e menos mal que aínda lle podo pedir axuda á miña filla de catorce anos, que me dá cen mil voltas.
Puiden así colgar as portadas dos libros. Algunhas, difíciles de atopar, non se crea. A de Terra Queimada, de miragre. Xa saberá que Fonte de Esperante recolle unha escolma dos meus relatos, entre os que figuran algúns de Terra Queimada, todos revisados e coido que mellorados, aínda que Terra Queimada pode gardar aquela frescura primeira. Alégrome de que lle gustase daquela o libro e espero que éste non perdese co tempo.
Unha forte aperta.