26 de dezembro de 2008

O APALPADOR 2008

Cantiga de Amadora de Galego (O Courel).
Vai-te logo meu ninín/niniña,
marcha agora pra camiña.
Que vai vir o Apalpador
a palparche a barriguiña.
Xa chegou o día grande,
día do noso Señor.
Xa chegou o día grande,
E virá o Apalpador.
Mañá é día de cachela,
que haberá gran nevarada
e ha vir o Apalpador
cunha mega de castañas.
Por aquela cemba
xa vén relumbrando
o señor Apalpador
para darvos o aguinaldo.
Cantiga de Amadora de Galego, labrega de 79 anos, en Romeor do Courel (Recollida en 1994 por José André Lôpez Gonçâlez).

3 comentários:

Toño Randeeira disse...

Figura ben fermosa a do Apalpador, para recuperar para o noso Nadal (se o permiten as autoridades do Corte Inglés ou do Carrefú). Onde eu vivo, na costa de Lugo, non a lembro como tradición, pero o aguinaldo, abofé que si.

Oulego disse...

É unha figura da zona do Courel/Ancares, quizais por iso na costa non quede pegada. Concordo en que é unha figura que paga a pena recuperar.

O Apalpador disse...

Tratando de recuperar a miña figura entre @s máis pequen@s este ano trouxen un vídeo cunha canción e un baile que agardo vos guste no voso fermoso blog http://youtu.be/JmAfI4ucKJc

Ademáis podedes descargar a canción de balde e atopar recursos para @s máis pequen@s na web www.oapalpador.tk

Boas festas!