O día 20 estiven en Arteixo para recoller o premio do XV Certame de Narracións Breves Manuel Murguía.
Coma sempre, foi unha xornada entrañable e fermosa, na compaña do xuri e dos autores galardoados nos tres anos anteriores cuxos relatos se recollen no volume Contos da Baiuca que comezarei xa a ler.
Prantamos unha árbore e deseguido celebrouse o acto de entrega do premio, co abraio de poder escoitar a voz de Estíbaliz Espinosa, unha fermosísima voz que nos cautivou totalmente.
Mando unha forte aperta desde aquí a todos os que axudaron a que a entrega do premio fose tan ben e, especialmente, a Quique Rabunhal, alma do premio, xeneroso e humilde erudito das nosas letras e amigo.
2 comentários:
Parabéns. Moi fermoso o de prantar a árbore. Agardo que pronto poidamos ler o texto premiado. Vaise publicar ou xa está publicado?
Xa fuches pola Feira do Libro de Madrid? Que nos podes contar?
Un saúdo
Graciñas, Veloso. De momento non se publicou o relato. Supoño que haberá que esperar dous ou tres anos para que publiquen varios relatos xuntos.
A feira do libro aínda non comezou. Tiña ilusión coa feira do libro por ver o "desembarco" galego por estes lares. Pero xa levei a primeira decepción: presentación de Suso de Toro e o seu Home sen Nome, o día 30, martes, á unha da tarde. Para xente "desocupada". Como as fagan todas así, pouco poderei contar.
Enviar um comentário