28 de maio de 2006

SUPLEMENTO CULTURAS DE LA VOZ DE GALICIA

O xornal la Voz de Galicia costa o mesmo en Madrid que en Galicia.
Os que o mercamos temos o mesmo interese en todas as súas novas.
O Suplemento do xoves do Faro pódese ler, así como outros.
Se o prezo é o mesmo, ¿por que en Madrid non se pode ler o Suplemento Culturas dos sábados da Voz de Galicia?

5 comentários:

Mr Tichborne disse...

Por Marcos Valcárcel descubro que foi premiado no Carlos Casares de Microrrelato, e tamén descubro o seu blog, un bo traballo.
Parabéns por ámbalas dúas cousas e polo recente Manuel Murguía. Un saúdo.

Anónimo disse...

Primeiro, moitas felicidades polo premio (Por certo: ¿Poderemos ler o teu microrrelato en Abellonenia?). E segundo: ¿para que queres ler o "Culturas" de "La Voz"? ¿Cres que di algo interesante sobre a nosa literatura, esa que ghettiza co cualificativo de "Gallego" en columniñas de recheo? ¿Paréceche, por acaso, comparable co "Faro da Cultura"?

Marcos Valcárcel López disse...

NOraboa por ese premio. Para min foi unha sorpresa ben agrádabel encontrar a dous amigos do mundo blogueiro entre os premiados: Fco. Castiñeira (Ningures.blogspot.com) e Xesús Manuel Marcos. Creo que nestas redes virtuais estase a facer boa literatura, sen dúbida.

Anónimo disse...

Noraboa polo premio!
A ver se un día quedamos polo Barrio da Concepción a tomar unhas cañas e a celebralo (que dende que non nos vemos, habemos ter ben de cousas das que falar).

Sobre o suplemento de Culturas de La Voz, estou de acordo c'o vixía en que (no que respecta ao tratamento da literatura galega) non se pode comparar ao Faro da Cultura.
De todos os xeitos, a min pásame coma a ti. Creo que é de xustiza que dispoñamos en Madrid dese suplemento. Por exemplo, para poder ler o tema que trataba o pasado sábado (sobre se é posible vivir da literatura en Galicia).
Unha aperta

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Independentemente do tratamento que se dá á literatura en galego, se temos poucos suplementos, e por riba non chegan a Madrid, pois imos mal.
Graciñas a todos polas felicitacións.
Daniel, cando queiras tomamos unhas cañas. Xa te chamarei. Unha aperta.