13 de março de 2007

70 ANOS DE LOVECRAFT

Un dos autores que máis influencia tivo en min como lector (coido que lle lin todo ou practicamente todo o que ten publicado en castelán) foi o autor de relatos de terror e "horror cósmico" H. P. Lovecraft. Os seus mitos aínda se moven pola miña cabeza e volvo, xa moi da cando en vez, ás súas narracións, sobre todo ao ciclo de aventuras oníricas de Randolf Carter. Hoxe, os seus relatos resisten máis mal que ben, pois non ten a altura de Poe como escritor, pero na miña adolescencia foi capaz de espertar en min moitos pesadelos. El é un dos culpables de que comezase a ler de xeito compulsivo e iso sempre se agradece.

2 comentários:

O Breogán disse...

A min pasóume algo polo estilo.

Estaba moi acostumado a novela longa, e atopeime á vez con Lovecraft, Cunqueiro e Fole... menudos tres, cada un no seu.

Un saúdo.

Anónimo disse...

non me digas que o da foto non ten un aire a Manolo Cortés...