25 de março de 2007

DESCUBRIMENTOS

Veño de rematar a primeira novela dun autor ó que non lera, o novelista Knut Hamsun. A novela leva por título HAMBRE e é moi boa. Xa fun á biblioteca para coller a segunda, PAN (curioso contraste de títulos). E, como me acostuma a pasar cando gusto dun autor, seguro que acabarei por ler a maior parte da súa obra. Non acabo de espertar do meu abraio, sobor de todo cando penso que HAMBRE foi escrita a finais do 1800. Ogallá moitos autores modernos (ou que presumen de modernos ou queren ser modernos) escribisen como escribía este home, este magnífico escritor, aló polo mil oitocentos e pico.
* * *
Quédome, entre outros moitos, con este párrafo:
La detuve.
Estoy trabajando en un artículo, como ya le he dicho antes, repliqué, y en cuanto esté concluido tendrá usted su dinero; se lo aseguro.
Sí, pero por lo que veo, no lo termina nunca.
¿Así lo cree? Es posible que mañana me llegue la inspiración, tal vez esta misma noche. Nada se opone a que sea esta misma noche, y en ese caso mi artículo estará terminado en un cuarto de hora todo lo más. Comprenda que mi trabajo no es como el de los otros; no puedo sentarme y producir cierto número de hojas al día, tengo que esperar a que llegue el momento. Y nadie puede predecir el día y la hora en que va a llegar; ha de seguir su curso.
* * *
Outra cousa que me sorprendeu: logo de recibir o "premio dos premios" no 1920 e ser aclamado no seu país natal, coa invasión nazi pronunciouse a favor de Hitler e caeu en desgraza, para ver, con noventa anos, como morría esquecido e na miseria, logo de ter que pagar ó Estado unha multa que o deixou na ruína.
E xurde en min unha inquedanza. Por que ultimamente comezo a pensar que os autores que máis pegada están a deixar en min son autores con este tipo de "sombras" na súa vida? Agora Hamsun, antes Céline e a súa xenial VIAJE AL FIN DE LA NOCHE, Gide e o seu INMORALISTA, La Rochelle e o seu DIARIO DE UN HOMBRE ENGAÑADO, e suma e segue... Será porque esas facianas de "persoas honestas e incorruptibles", seméllame falsa? Que esa razón inamovible e esa ausencia de dúbidas adoitan ser falsas?

Sem comentários: