24 de janeiro de 2008

AXENTES LITERARIOS

Coincidindo coa lectura deste post, entérome de que, polo visto, a nosa asociación anda pensando en buscar un axente literario común para os seus autores. Non sei o que haberá de certo, mais entendo que é unha moi boa idea.

2 comentários:

Nacho disse...

Sinto non estar de acordo con vostede, pero non me parece unha boa idea. Partindo de que polas cuestións que sexan o axente literario en Galicia é un “rara avis” buscar un común para os autores galegos pois non lle sei...
Eu penso que debería ser o axente quen busque ó escritor, que sexa o axente quen coñeza, quen crea na obra do autor e así vender dunha forma máis eficiente os dereitos deses libros. Mandar un axente a vender dereitos de obras e autores que probablemente nin coñeza... Case que se me semella máis un comercial que un axente.
Iso si, se é certo, toda a sorte do mundo para él.
Un saúdo.

Oulego disse...

Repito que é algo que coñezo de forma indirecta. Non sei, cando a idea se concrete, se se concreta, en que vai quedar e como vai quedar.
Non é por nada, pero paréceme que ten vostede unha idea moi "romántica" do axente: iso de que sexa el quen busque ó escritor porque cree na súa obra, e tal... Home, coido que hai outro tipo de intereses á hora de que un axente, sobre todo de prestixio, escolla a obra dun escritor para representalo. Tamén existirá o que vostede di, pero témome que son os menos...
Sobre o de que o axente en Galicia é unha rara avis: sinxelamente, non é nada, porque non existe.