A propósito dalgún comentario feito por un escritor galardoado hai pouco, coincido con algúns autores que centran o problema na desvantaxe do papel fronte a outros soportes. E isto non creo que pase só cos máis novos. Eu gusto cada vez máis dos, por exemplo, documentais de carácter histórico, fronte aos mamotretos de historia en papel. Que se lle vai facer. Os tempos cambian.
Un exemplo: a colección de contos de Andersen que o diario O País está a editar en DVD. ¿Pode o conto en papel gañar fronte ao mesmo conto en formato DVD?
A miña filla máis pequena devora os DVD, mais abúrrese cando lle leo o mesmo conto no libro. ¿Será que llo conto mal? ¿Será que as novas xeracións se están a afastar definitivamente do papel cara a outro tipo de recibir/percibir historias, mesmo en nenos e mozos que gustan da lectura?
E outra pregunta: ¿Cando unha editorial galega se vai animar a editar tamén en formato audiovisual narracións en galego para moz@s? ¿Ou unha novela para ler no móbil?
Sem comentários:
Enviar um comentário