A LÚA DOS EVERGLADES: PREMIO TERRA DE MELIDE 2007
E seguías a andar pola beirarrúa. Eras unha flor de area a buscar a brisa do mar que che traía tras de cada porta o silencio e o abandono naquela cidade favorita do sol. Fuxir, pensaches, fuxir, deixalo todo como unha oficina erma.
9 comentários:
Os meus parabéns. Estarei atento á publicación.
Chégame a nova vía Brétemas e apresúrome a este teu tobo para enviarche os meus parabéns. Alégrame moito que sexas ti o gañador. Aperta.
Como diría Bragado, Beizóns.
Parabéns polo premio, Xesús. Estou desexando ler esa obra.
Graciñas a todos. No outono sairá a novela. Xa me contarán.
eu tiven a sorte de lela antes...
agora agardo a vela editada
un saúdo!
o.c.
Non coñecía o seu blog, Reveladora. É moi fermoso. Tamén agardo a vela editada. Apertas.
Os meus parabéns Xesús. O premio Terra de Melide xa se está a consolidar como un dos premios literarios de renome en Galicia
Engádome ós parabéns. Certo, o Melide está entre os mellores da súa categoría en Galiza.
Saúdos
Enviar um comentário