O 28 de abril estiven en Arteixo, na reunión do xurado do Manuel Murguía, do que formo parte este ano, xunto con Xabier Docampo e Isidro Novo, coordinados por Julio Mancebo. Por certo, que Julio contou unha anécdota ben graciosa, da que Xabier xa deu conta.
O vindeiro sábado, día 19 de Maio, volverei, se non hai novidade, a Arteixo, para o acto de entrega do premio, e para ver como vai de medrada a árbore que, o ano pasado, axudei a prantar.
Devezo por ir a Arteixo, onde sempre me trataron de xeito excelente, para coñecer a quen escribiu o magnífico relato gañador.
4 comentários:
vexo que xa atoparon un xeito de que non sigas apañando premios nos concursos: incluirte no xuri dos mesmos, he he ;). Moita sorte e saúdos.
Neste caso concreto, o xeito vai ser non volverme presentar máis.
Moita sorte tamén para vostede e unha forte aperta deste colega de exilios. Espero que lle vaia ben por eses mundos de Deus.
Xesús: Foi un pracer coñecerte en Arteixo. Veño de facer un poste sobre o Premio Manuel Murguía n' O levantador de minas, sobre o acto de entrega do premio.
Abrazo de
Alfredo Ferreiro
Abrazos, Alfredo. O pracer foi meu. Aínda me doe a barriga de rir cos comentarios do Xabier.
Enviar um comentário