23 de novembro de 2007

DELIRIO

Algunhas sociedades xa están instaladas no absoluto delirio.

3 comentários:

xosé da casanova disse...

Amigo Oulego: moitas grazas polas súas palabras. Sei ben que concordamos no que entendemos que é literatura e que as nosas teñen puntos de contacto. Un día destes temos que xantar unhas androllas no Courel. En canto aos americanos, qué diría Asterix: están tolos estes americanos.

XESÚS MANUEL MARCOS disse...

Iso está feito (con picante e sal dabonda, como as fan na miña terra, para estómagos rexos), só hai que esperar que veña o frío dunha vez e comece a tempada da matanza, e agora que non tardará o viño novo, pois mellor que mellor.

En canto a decálogos novelescos recentes, do que vostede parece que tamén falou na presentación das Mans do Medo, só comentar que ás veces moitos esquecen ou parecen esquecer o escrito ata o de agora, onde hai aspectos, sobor de todo dos chamados "técnicos", ademais doutros, que non foron superados ou son difíciles de superar. Polo demais, non podo deixar de sorrir ao ler sobre decálogos e demais tonterías que se repiten ciclicamente, logo de botar toda unha tarde con algún velliño caurelao de setenta anos, e pensar, ao saír da súa casa, como demo me puido ter prendido da súa conversa, escoitandolle conto tras conto, sen aburrirme, totalmente marabillado, niso que chaman "suspensión da credulidade" ou algo así. Iso si que é dominio do monólogo e das demais técnicas narrativas!

xosé da casanova disse...

Concordo