22 de novembro de 2007

A GRAN NOVELA GALEGA

Ilustres blogueiros mostran a súa preocupación pola tardanza desa Gran Novela Galega (GRANGA ... admítense suxerencias). Neste caso, estou tranquilo. Para min, xa existe. E o seu recoñecemento segue a espallarse.

3 comentários:

Mr Tichborne disse...

Eu tamén o dixen. Completamente de acordo. O que non quita para que tentemos facer máis grandes novelas para facer máis grande a nosa literatura.
¿Será que A Esmorga non lles parece grande abondo? como non pasa das 500 ou 600 páxinas...

Oulego disse...

É máis curta. Ten un número de páxinas semellante a A METAMORFOSE, de Kafka, ou a PEDRO PÁRAMO, de Rulfo. Tres novelas GRANDES dabondo.

Mr Tichborne disse...

Ben llo sei. Dixen ese tamaño porque parece que é o límite que algúns poñen para a "gran" novela, se cadra ese é o fallo da Esmorga, porque outro non ten. Ou se cadra o límite é ó kilo.
Un saúdo